Hoxe 1 de Marzo arrinca a nova campaña #Amesprogresa.
O que anteriormente chamaban as tarxetas de Merc@mes so cambian de nome pero non de fórmula. Quen teñades as tarxetas merc@mes poderedes volver disfrutar da axuda nas vosas compras no comercio local por parte do Concello de Ames.
Se tiñades tarxeta de 50€ e de 100€, nunha pagades 30€ e o Concello porá os 20€ restantes e no tocante á tarxeta de 100€ @s cidadáns poñedes 60€ e a axuda do concello será de 40€ para completar seu saldo.
OLLO!! Só poderedes usar 1 tarxeta das que teñades por persoa.
Tamén saiu unha pequena remesa de tarxetas novas para quen non puido beneficiarse da anterior campaña.
Os bonos poderán retirarse ou recargarse dende o 1 de Marzo nos locais das asociacións empresariais amesás.
Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), xestionará estas altas e renovacións no seu novo local de 11:00 a 13:30 horas e de 17:00 e 19:30 horas en Bertamiráns na rúa do Pedregal, número 4.
Esta campaña durará do 1 de marzo ate o 30 de abril.
PREMENDO AQUÍ podedes consultar os locais adheridos á campaña