CHEGOU O ENTROIDO!!
E para que o disfrutemos en Ames traballamos arreo para conseguir tremendo cartelazo de festas e actividades varias que podedes ver aquí.
-
O 18 de febreiro desfile de entroido con premios a esgalla.
-
O domingo 19 comida e baile nunha carpa climatizada no parking de Alcalde Lorenzo no que teremos cocido, e contaremos cun DJ…
-
E o Luns 20 dende as 17:00h teremos na Praza de Chavián a gran festa do entroido. Con charanga, exhibición de baile, e mais actuacións e música.