Chega, como cada ano, o concurso de “Ilumina o teu sorriso 2022”.
Dende Xea queremos manter viva a ilusión polas luces de nadal do noso concello, así que volvemos facer o concurso de fotografía de Ilumina o teu sorriso.
A continuación podedes ler as bases das que vos resumimos uns puntos clave:
-
Para participar haberá que mandar 2 fotos dos 4 enclaves ofrecidos.
-
É importante que no mail mandedes os datos e o escrito de autorización.
-
O prazo de entrega é do 12/12 ao 07/01
-
@ gañador/a gañará un Samsung Galaxy A13 de 64gbs doado polo Centro Dental Macía.